Política de Privacidade
O usuario pode consultar e navegar polo sitio web sen revelar a súa identidade nin proporcionar datos de carácter persoal.
Se ben no caso de que o usuario cubra de forma voluntaria os formularios do sitio web www.claudio.es, para os efectos da lexislación en materia de protección de datos, e do Regulamento UE 2016/679, do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril, informámolo dos seguintes aspectos en relación co tratamento dos seus datos persoais:
A.
Cando vostede acceda ao formulario Contacto e achegue información persoal, os datos obtidos por este medio serán tratados con base na seguinte política de protección de datos:
Responsable: será considerado Responsable de tratamento GADISA RETAIL ou aquela das sociedades do grupo GADISA RETAIL ás cales se dirixe a mensaxe (Atlántica Saga Ourense, S.L.U., Ezequiel Arribas, S.A.U., Hipermercados e Economatos, S.A.U., Lucus Market, S.L.U., Mercartabria, S.L.U., Pescarmar, S.L.U., Pontevicus, S.L.U.), para cumprir coa finalidade descrita.
Finalidade: Atender a súa consulta, suxestión e/ou reclamación, así como a posibilidade de solicitar a visita dun dos nosos comerciais co fin de mellorar a atención ao cliente. Calquera cliente ou usuario poderá poñerse en contacto coas empresas do grupo GADISA RETAIL.
Categoría de datos:
Datos persoais: nome, e-mail.
Datos de contacto: teléfono.
Base xurídica para o tratamento: Consentimento do propio interesado, que poderá retirar en calquera momento sen efectos retroactivos.
Prazos de conservación: Os datos persoais que se obteñan a través dos formularios de Contacto conservaranse durante o tempo necesario para atender a súa consulta, suxestión e/ou reclamación. Cumprida a finalidade, os datos serán destruidos.
Comunicación a terceiros: Os datos obtidos non serán comunicados a terceiros, agás ás sociedades do grupo GADISA RETAIL, para cumprir coa finalidade descrita.
Vostede pode exercitar os dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do seu tratamento ou á portabilidade de datos mediante os seguintes medios:
Por correo electrónico ao enderezo lopd@gadisa.es
Por correo postal ao Polígono Piadela, s/n , 15300- Betanzos.
a través dun escrito asinado para o efecto e indicando en REF: protección de datos- claudio.
No caso de que o responsable do tratamento teña algunha dúbida razoable en relación coa identidade da persoa que solicita o exercicio de calquera dos dereitos mencionados, poderáselle solicitar o DNI/Documento identificativo para verificar a súa identidade e asegurar e protexer os seus dereitos.
Igualmente ten vostede dereito a presentar a súa reclamación ante a Axencia de Protección de Datos.
GADISA RETAIL cumpre integramente coa lexislación vixente en materia de protección de datos de carácter persoal, por iso, o tratamento dos seus datos corresponde exclusivamente aos fins descritos en cada un dos formularios. Estando lexitimada para iso, polo consentimento que expresamente vostede nos outorga e que pode retirar en calquera momento.