REFORZAMOS A FRANQUÍA CLAUDIO CON 11 APERTURAS EN 2024

Claudio

09/01/2025

Imagen Noticia REFORZAMOS A  FRANQUÍA CLAUDIO  CON 11 APERTURAS EN 2024

Avanzamos no posicionamento da franquía Claudio con 11 aperturas en 2024. Unha expansión baseada na proximidade aos clientes, na vocación de prestar un servizo básico á poboación principalmente en zonas rurais e semiurbanas, e no noso compromiso coa dinamización socioeconómica da contorna a través da xeración de novas oportunidades laborais e de emprendemento.

Os 237 puntos de venda franquiados de GADISA retail proporcionan emprego a máis de 1.000 persoas e ocupan unha superficie total próxima aos 58.000 m2.

Máis de 60 profesionais incorporáronse durante o último ano a esta liña de negocio con motivo das aperturas, que se concentraron na comunidade galega. Na provincia da Coruña sumamos 6 establecementos (As Pontes, Ferrol, Frades, Moeche, Oleiros e Tordoia); 3 en Pontevedra (2 en Vigo e 1 en Poio); 1 en Lugo (Ferreira de Pantón) e outro en Ourense (Beariz).

A vertebración do territorio é outro dos valores da franquía, que opera baixo dous formatos: Claudio, con 113 puntos de venda; e Claudio Express, que conta con 124 tendas. Galicia, Castela e León, Asturias e Madrid son as catro comunidades autónomas nas que desenvolven a súa actividade comercial.

Os supermercados Claudio representan o modelo tradicional de comercio de proximidade. Cunha superficie de tamaño medio, o servizo de atención aos clientes é moi próximo. A variedade é ampla, con marcas líderes e da marca propia Ifa, ademais dunha importante oferta de produtos de proximidade procedentes de provedores de orixe local.

Os Claudio Express están situados, fundamentalmente, en estacións de servizo e están orientados a proporcionar aos clientes unha oferta básica de produtos de alimentación, hixiene e droguería, seguindo estándares de rapidez e comodidade, cun amplo horario ininterrompido todos os días do ano.

Un modelo consolidado: máis de 30 anos de experiencia

O noso profundo coñecemento do mercado é unha das razóns polas que emprendedores e empresas nos elixen para abrirse camiño ou expandir os seus negocios de alimentación con este modelo xa consolidado, avalado por máis de 30 anos de experiencia. A nosa capacidade competitiva, a eficacia do sistema loxístico, o acceso a unha completa variedade e o asesoramento en todas as fases de implantación e desenvolvemento do negocio son algunhas das fortalezas desta franquía, a máis relevante do sector da alimentación no noroeste peninsular.


Claudio (23)

Icono Leer Más NoticiaVer máis

Claudio Express (21)

Icono Leer Más NoticiaVer máis

Promos (0)

Icono Leer Más NoticiaVer máis
Folleto Claudio AF baja folleto Claudio 15 al 28 octubre 2026_3/AF baja folleto Claudio 15 al 28 octubre 2026_3-0001.webp

Mira o noso folleto!

Do 15 de octubre ao 28 de octubre

Novas destacadas

Imagen Noticia UN NUEVO CLAUDIO EXPRESS DE GADISA EN BARRO

Claudio

15/10/2026

UN NUEVO CLAUDIO EXPRESS DE GADISA EN BARRO

GADISA Retail sigue ampliando su red de establecimientos franquiciados en la...

Icono Leer Más NoticiaLer máis
Imagen Noticia Colección Vita by Lätt Home en Claudio: Todo lo que tu cocina necesita

Claudio

28/08/2026

Colección Vita by Lätt Home en Claudio: Todo lo...

Lanzamos una nueva promoción, Vita, de Lätt Home. Una colección hecha para durar...

Icono Leer Más NoticiaLer máis
Imagen Noticia ABRIMOS UN CLAUDIO EXPRESS EN EL POLÍGONO INDUSTRIAL A GRANXA DE O PORRIÑO

Claudio

12/08/2026

ABRIMOS UN CLAUDIO EXPRESS EN EL POLÍGONO...

Reforzamos nuestra presencia en la provincia de Pontevedra con la puesta en...

Icono Leer Más NoticiaLer máis
Imagen Noticia SUMAMOS UN CLAUDIO EXPRESS EN ORTIGUEIRA

Claudio

28/07/2026

SUMAMOS UN CLAUDIO EXPRESS EN ORTIGUEIRA

Seguimos sumando puntos de venta franquiciados en la provincia de A Coruña y...

Icono Leer Más NoticiaLer máis
Imagen Noticia UN NUEVO CLAUDIO EXPRESS DE GADISA EN BARRO

Claudio

15/10/2026

UN NUEVO CLAUDIO EXPRESS DE GADISA EN BARRO

GADISA Retail sigue ampliando su red de establecimientos franquiciados en la...

Icono Leer Más NoticiaLer máis