ESTREAMOS UN CLAUDIO EXPRESS EN CARIÑO

Claudio Express

09/07/2025

Imagen Noticia ESTREAMOS UN CLAUDIO EXPRESS EN CARIÑO

Sumamos un novo punto venda da liña de franquía Claudio na comarca de Ortegal. O Claudio Express abre as súas portas nun complexo con gasolineira na localidade de Cariño, na zona da Pedra, co obxectivo de que os clientes poidan facer unha compra rápida con maior comodidade.

A tenda dispón dun espazo de 100 m2, cunha variedade básica dunhas 1.000 referencias de alimentación, droguería e hixiene para satisfacer as necesidades dos consumidores. A gasolineira de Ortegal Oil, o servizo de butano, a ponte e os boxes de lavado e aspirado, así como o servizo de prensa, completan as instalacións da Avenida do Sagrón 66, que conta cun amplo horario de apertura.

Creando emprego

Fomentar o emprego é un dos valores da nosa liña de franquía, cun equipo de máis de 1.000 profesionais que traballan nos establecementos, situados en diferentes localidades de Galicia, Asturias, Castela e León e Madrid. Con esta apertura, créanse 3 novos postos de traballo.

Os traballadores do complexo acompañaron a Antonio López, un dos propietarios do Grupo Ortegal Oil, durante a xornada de apertura, na que tamén estiveron Fernando Mosquera, delegado adxunto de GADISA Retail na área de Ferrol, así como Miguel Freire, director de vendas de franquía, e o supervisor do establecemento, Aleixo González.

14 aperturas en 2025

Mantemos un ritmo dinámico de aperturas neste 2025, no que incorporamos 14 puntos de venda desta liña de negocio ata alcanzar 249 establecementos, dos que 112 son Claudio e 137 Claudio Express.


Claudio (23)

Icono Leer Más NoticiaVer máis

Claudio Express (21)

Icono Leer Más NoticiaVer máis

Promos (0)

Icono Leer Más NoticiaVer máis
Folleto Claudio AF baja folleto Claudio 15 al 28 octubre 2026_3/AF baja folleto Claudio 15 al 28 octubre 2026_3-0001.webp

Mira o noso folleto!

Do 15 de octubre ao 28 de octubre

Novas destacadas

Imagen Noticia UN NUEVO CLAUDIO EXPRESS DE GADISA EN BARRO

Claudio

15/10/2026

UN NUEVO CLAUDIO EXPRESS DE GADISA EN BARRO

GADISA Retail sigue ampliando su red de establecimientos franquiciados en la...

Icono Leer Más NoticiaLer máis
Imagen Noticia Colección Vita by Lätt Home en Claudio: Todo lo que tu cocina necesita

Claudio

28/08/2026

Colección Vita by Lätt Home en Claudio: Todo lo...

Lanzamos una nueva promoción, Vita, de Lätt Home. Una colección hecha para durar...

Icono Leer Más NoticiaLer máis
Imagen Noticia ABRIMOS UN CLAUDIO EXPRESS EN EL POLÍGONO INDUSTRIAL A GRANXA DE O PORRIÑO

Claudio

12/08/2026

ABRIMOS UN CLAUDIO EXPRESS EN EL POLÍGONO...

Reforzamos nuestra presencia en la provincia de Pontevedra con la puesta en...

Icono Leer Más NoticiaLer máis
Imagen Noticia SUMAMOS UN CLAUDIO EXPRESS EN ORTIGUEIRA

Claudio

28/07/2026

SUMAMOS UN CLAUDIO EXPRESS EN ORTIGUEIRA

Seguimos sumando puntos de venta franquiciados en la provincia de A Coruña y...

Icono Leer Más NoticiaLer máis
Imagen Noticia UN NUEVO CLAUDIO EXPRESS DE GADISA EN BARRO

Claudio

15/10/2026

UN NUEVO CLAUDIO EXPRESS DE GADISA EN BARRO

GADISA Retail sigue ampliando su red de establecimientos franquiciados en la...

Icono Leer Más NoticiaLer máis