DOBRE APERTURA DE CLAUDIO EXPRESS EN SANXENXO
Claudio Express
03/07/2025
Estreamos dous puntos de venda da franquía Claudio en Sanxenxo. Os Claudio Express forman parte das estacións de servizo situadas na estrada PO-504, que enlaza a localidade turística e Vilalonga, ao seu paso polo Lugar de Vinquiño. Estas actuacións confirman a aposta de GADISA Retail por ter maior presenza neste municipio.
As tendas dispoñen dunha sala de vendas de 60 m2, cunha variedade de 500 referencias de alimentación para que os consumidores poidan facer unha compra rápida e básica. Estes espazos completan os servizos do complexo, do Grupo Martins Galicia, con gasolineira, café, butano, ponte de lavado e aspirado. O amplo horario de apertura das instalacións favorece unha maior comodidade para os clientes.
Máis emprego
Potenciar o emprego é un dos piares da liña de franquía, cun equipo de máis de 1.000 profesionais que traballan en puntos de venda situados, principalmente, en pequenos e medianos núcleos de poboación. A posta en marcha destas instalacións supón a creación de 14 postos de traballo.
Once aperturas no primeiro semestre
Encaramos o segundo semestre do ano con estas dúas novas aperturas, a número 12 e 13, despois do dinamismo experimentado no primeiros seis meses do 2025, nos que incorporamos 11 puntos de venda desta liña de negocio, repartidos en Galicia, Asturias, Castela e León e Madrid. Na actualidade, sumamos 248 establecementos, dos que 112 son Claudio e 136 Claudio Express.
A franquía do sector máis importante en Galicia
A franquía Claudio está posicionada como a máis importante do sector na comunidade galega pola solidez do noso modelo, que xera confianza entre emprendedores, pemes e negocios familiares, contar cun sistema loxístico eficaz, o acceso a unha variedade completa de produtos e o acompañamento en todo o proceso de implantación e desenvolvemento do negocio do equipo de GADISA Retail, líder do sector en Galicia.
Novas destacadas
Claudio
15/10/2026
UN NUEVO CLAUDIO EXPRESS DE GADISA EN BARRO
GADISA Retail sigue ampliando su red de establecimientos franquiciados en la...
Claudio
28/08/2026
Colección Vita by Lätt Home en Claudio: Todo lo...
Lanzamos una nueva promoción, Vita, de Lätt Home. Una colección hecha para durar...
Claudio
12/08/2026
ABRIMOS UN CLAUDIO EXPRESS EN EL POLÍGONO...
Reforzamos nuestra presencia en la provincia de Pontevedra con la puesta en...
Claudio
28/07/2026
SUMAMOS UN CLAUDIO EXPRESS EN ORTIGUEIRA
Seguimos sumando puntos de venta franquiciados en la provincia de A Coruña y...
Claudio
15/10/2026
UN NUEVO CLAUDIO EXPRESS DE GADISA EN BARRO
GADISA Retail sigue ampliando su red de establecimientos franquiciados en la...