CELEBRAMOS O 35º ANIVERSARIO DA FRANQUÍA CLAUDIO
Claudio
06/05/2025
Reunimos a máis de 300 franquiados na celebración do 35º aniversario da franquía Claudio, que tivo lugar no Hotel Pazo Os Escudos de Vigo. Un evento ao que asistiron directivos da nosa empresa e unha importante representación de propietarios e colaboradores dos 245 establecementos Claudio e Claudio Express.
O presidente e conselleiro delegado de GADISA Retail, Roberto Tojeiro, e o director de vendas da liña de franquía, Miguel Freire, deron a benvida aos asistentes, procedentes de diferentes puntos de Galicia, Castela e León, Asturias e Madrid, comunidades nas que está implantada esta liña de negocio.
Ambos agradeceron a confianza depositada neste modelo, comprometido coa proximidade e co afán de prestar un servizo esencial á poboación. Destacaron os fitos máis relevantes dos 35 anos de historia e o crecemento rexistrado nos últimos exercicios, así como os retos de presente e de futuro.
Celebración con actuacións musicais
O ambiente festivo marcou a celebración, que se prolongou ata altas horas da madrugada, despois do aperitivo, e unha cea degustación de produtos galegos. A velada estivo repleta de sorpresas, como o musical “Mitic”, con máis de cen artistas en escea, e a actuación do DJ Carramón. Ao longo da noite realizáronse sorteos con distintos premios tecnolóxicos, pero o broche de ouro foi o sorteo dunha viaxe ao Caribe de 9 días para dúas persoas.
Novas destacadas
Claudio
15/10/2026
UN NUEVO CLAUDIO EXPRESS DE GADISA EN BARRO
GADISA Retail sigue ampliando su red de establecimientos franquiciados en la...
Claudio
28/08/2026
Colección Vita by Lätt Home en Claudio: Todo lo...
Lanzamos una nueva promoción, Vita, de Lätt Home. Una colección hecha para durar...
Claudio
12/08/2026
ABRIMOS UN CLAUDIO EXPRESS EN EL POLÍGONO...
Reforzamos nuestra presencia en la provincia de Pontevedra con la puesta en...
Claudio
28/07/2026
SUMAMOS UN CLAUDIO EXPRESS EN ORTIGUEIRA
Seguimos sumando puntos de venta franquiciados en la provincia de A Coruña y...
Claudio
15/10/2026
UN NUEVO CLAUDIO EXPRESS DE GADISA EN BARRO
GADISA Retail sigue ampliando su red de establecimientos franquiciados en la...