ABRIMOS NA CORUÑA O PRIMEIRO CLAUDIO DO 2026
Claudio
14/01/2026
Empezamos o ano estreando un punto de venda franquiado Claudio na Coruña, o 7º desta liña de negocio na cidade e o 3º que abrimos en menos de dous meses. O novo establecemento súmase ao Claudio Express da gasolineira dos Rosales e ao Claudio da Praza de Tornos.
Con 350 m2 de sala de vendas, esta tenda de proximidade ofrece ao redor de 3.000 referencias de alimentación, droguería e hixiene, incluíndo as seccións de froitaría, carnizaría, chacinaría e lácteos. Ademais, conta cun amplo horario de apertura para proporcionar unha maior comodidade aos clientes ao facer a compra.
Axudando a crear emprego
A apertura do establecemento xera 3 postos de traballo. Axudar a crear emprego é un dos principais valores desta liña, na que traballan máis de 1.000 persoas en Galicia, Castela e León, Madrid e Asturias, as catro comunidades autónomas nas que está posicionada.
A franquía de alimentación máis relevante do noroeste
Coa nova tenda, alcanzamos os 252 establecementos franquiados, dos que 113 operan baixo o formato Claudio e 139 son Claudio Express.
O crecemento exponencial desta rede nos últimos anos baséase nun piar fundamental: a confianza no modelo de negocio por parte de emprendedores, empresas familiares e compañías grazas a unha infraestrutura loxística eficiente, unha variedade de produtos que cubre todas as necesidades do mercado, e o apoio aos franquiados en cada etapa do proxecto.
Novas destacadas
Claudio
15/10/2026
UN NUEVO CLAUDIO EXPRESS DE GADISA EN BARRO
GADISA Retail sigue ampliando su red de establecimientos franquiciados en la...
Claudio
28/08/2026
Colección Vita by Lätt Home en Claudio: Todo lo...
Lanzamos una nueva promoción, Vita, de Lätt Home. Una colección hecha para durar...
Claudio
12/08/2026
ABRIMOS UN CLAUDIO EXPRESS EN EL POLÍGONO...
Reforzamos nuestra presencia en la provincia de Pontevedra con la puesta en...
Claudio
28/07/2026
SUMAMOS UN CLAUDIO EXPRESS EN ORTIGUEIRA
Seguimos sumando puntos de venta franquiciados en la provincia de A Coruña y...
Claudio
15/10/2026
UN NUEVO CLAUDIO EXPRESS DE GADISA EN BARRO
GADISA Retail sigue ampliando su red de establecimientos franquiciados en la...