ABRIMOS A NOSA FRANQUÍA Nº 250, UN CLAUDIO EXPRESS EN CARBALLO
Claudio Express
14/08/2025
Continuamos a expansión da nosa liña de franquías e sumamos un novo establecemento baixo a insignia Claudio Express na estación de servizo situada en Avenida Artes 59, na localidade de As Labradas (Carballo).
Cunha sala de vendas de 80 m2, o novo Claudio Express pretende satisfacer as necesidades do consumidor de forma rápida e cómoda, a través dunha variedade dunhas 800 referencias básicas de alimentación. Ademais, está integrado nun complexo máis amplo que aglutina os servizos de gasolineira, prensa, butano, ponte e boxes de lavado e aspirado.
Sete novos empregos
Esta apertura xera 7 novos empregos e, por tanto, contribúe á dinamización socioeconómica da contorna, un dos obxectivos do impulso que brindamos á nosa liña de franquías, na que xa traballan máis de 1.000 profesionais nos establecementos situados en Galicia, Asturias, Castela e León e Madrid.
Durante a inauguración do novo punto de venda, o propietario da estación, Adrián Souto, estivo acompañado polo seu equipo e, por parte de GADISA Retail, estiveron presentes o delegado na área da Coruña, Baltasar López; o director de vendas de franquía, Miguel Freire; e o coordinador de franquía, Sergio Trujillo.
Un total de 250 establecementos franquiados
O novo Claudio Express de Carballo é a 15ª apertura desta liña de negocio no que vai de ano. Deste xeito demostramos a nosa confianza neste modelo co que xa alcanzamos os 250 establecementos, dos que 112 son Claudio e 138 Claudio Express.
En GADISA Retail convertemos a franquía Claudio na máis relevante do sector no noroeste de España debido á confianza que xeramos en emprendedores, pemes e negocios familiares.
Novas destacadas
Claudio
15/10/2026
UN NUEVO CLAUDIO EXPRESS DE GADISA EN BARRO
GADISA Retail sigue ampliando su red de establecimientos franquiciados en la...
Claudio
28/08/2026
Colección Vita by Lätt Home en Claudio: Todo lo...
Lanzamos una nueva promoción, Vita, de Lätt Home. Una colección hecha para durar...
Claudio
12/08/2026
ABRIMOS UN CLAUDIO EXPRESS EN EL POLÍGONO...
Reforzamos nuestra presencia en la provincia de Pontevedra con la puesta en...
Claudio
28/07/2026
SUMAMOS UN CLAUDIO EXPRESS EN ORTIGUEIRA
Seguimos sumando puntos de venta franquiciados en la provincia de A Coruña y...
Claudio
15/10/2026
UN NUEVO CLAUDIO EXPRESS DE GADISA EN BARRO
GADISA Retail sigue ampliando su red de establecimientos franquiciados en la...