ABRIMOS 2 CLAUDIO EXPRESS NA VÍA RÁPIDA DO SALNÉS E NA AUTOVÍA DE BARBANZA
Claudio Express
06/06/2025
O Claudio Express de Cambados está situado no km. 3,5 da VG-4.2. Cunha sala de vendas de 50 m2, está pensado para que os clientes poidan facer unha compra rápida e cómoda entre unha variedade dunhas 500 referencias de alimentación. Completa os servizos do complexo, que ten gasolineira, butano e café.
En canto ao Claudio Express de Dodro, sitúase no quilómetro 7,7 da transitada autovía que une as localidades de Padrón e Ribeira. O espazo de venda é de 70 m2 e está orientado a satisfacer as necesidades do mesmo perfil de consumidor. Neste caso, ten á súa disposición ao redor de 700 artigos. As instalacións contan tamén con gasolineira, restaurante Texas Grill, servizo de butano, e ponte de lavado e aspirado.
Ambos establecementos, que pertencen ao Grupo Staroil, dispoñen dun amplo horario de apertura para facilitar a compra e dar o mellor servizo aos clientes.
Contribuíndo á creación de emprego: 15 postos de traballo
Contribuír á creación de emprego é un dos valores deste modelo de negocio, con máis de 1.000 profesionais, que prestan os seus servizos en establecementos situados en contornas rurais, semiurbanos e urbanos. Neste caso, xeráronse 15 postos de traballo.
Dinamismo: 11 aperturas desde xaneiro
A franquía Claudio é unha liña de negocio moi dinámica que, no que vai de ano, sumou 11 novos puntos de venda, situados en Galicia, Castela e León, Asturias e Madrid, as catro comunidades autónomas nas que está implantada. Actualmente, conta con 246 establecementos, dos que 112 son Claudio e 134 Claudio Express.
Novas destacadas
Claudio
15/10/2026
UN NUEVO CLAUDIO EXPRESS DE GADISA EN BARRO
GADISA Retail sigue ampliando su red de establecimientos franquiciados en la...
Claudio
28/08/2026
Colección Vita by Lätt Home en Claudio: Todo lo...
Lanzamos una nueva promoción, Vita, de Lätt Home. Una colección hecha para durar...
Claudio
12/08/2026
ABRIMOS UN CLAUDIO EXPRESS EN EL POLÍGONO...
Reforzamos nuestra presencia en la provincia de Pontevedra con la puesta en...
Claudio
28/07/2026
SUMAMOS UN CLAUDIO EXPRESS EN ORTIGUEIRA
Seguimos sumando puntos de venta franquiciados en la provincia de A Coruña y...
Claudio
15/10/2026
UN NUEVO CLAUDIO EXPRESS DE GADISA EN BARRO
GADISA Retail sigue ampliando su red de establecimientos franquiciados en la...