ESTREAMOS UN CLAUDIO EXPRESS EN VILANOVA DE AROUSA
Claudio Express
15/12/2025
Abrimos o establecemento franquiado nº 21 do 2025 en Vilanova de Arousa. Un punto de venda que permite dar servizo na comarca do Salnés, onde este mesmo ano inauguramos dous puntos de venda en Sanxenxo e outro en Cambados.
O novo Claudio Express está integrado nunha estación de servizo, situada no km. 1 da estrada PO-307, ao seu paso polo municipio arousán. A tenda, cunha sala de venda de 75 m2, está pensada para que os clientes poidan facer unha compra rápida e cómoda, cunha variedade formada por 700 referencias básicas de alimentación, droguería e hixiene.
O establecemento, cun amplo horario de apertura, completa os servizos do complexo, que dispón de gasolineira, boxes de lavado e aspirado e café.
Liña de negocio dinámica: 255 establecementos
A franquía Claudio está a experimentar este ano un notable dinamismo con 21 aperturas, que se levaron a cabo en Galicia, Asturias, Castela e León e Madrid. Coa nova tenda de Vilanova de Arousa, sumamos 255 establecementos franquiados, dos que 142 son Claudio Express e 113 Claudio.
Un modelo que inspira confianza
Conseguimos afianzar a franquía Claudio como a máis relevante da distribución no noroeste de España grazas á confianza que inspira entre emprendedores, pemes, negocios familiares e tamén en grandes compañías.
A eficacia do sistema loxístico, a capacidade competitiva, a facilidade para acceder a unha completa variedade de produtos, así como o asesoramento nas diferentes fases de implantación e desenvolvemento do negocio son os principais valores deste modelo.
Noticias destacadas
Claudio
15/10/2026
UN NUEVO CLAUDIO EXPRESS DE GADISA EN BARRO
GADISA Retail sigue ampliando su red de establecimientos franquiciados en la...
Claudio
28/08/2026
Colección Vita by Lätt Home en Claudio: Todo lo...
Lanzamos una nueva promoción, Vita, de Lätt Home. Una colección hecha para durar...
Claudio
12/08/2026
ABRIMOS UN CLAUDIO EXPRESS EN EL POLÍGONO...
Reforzamos nuestra presencia en la provincia de Pontevedra con la puesta en...
Claudio
28/07/2026
SUMAMOS UN CLAUDIO EXPRESS EN ORTIGUEIRA
Seguimos sumando puntos de venta franquiciados en la provincia de A Coruña y...
Claudio
15/10/2026
UN NUEVO CLAUDIO EXPRESS DE GADISA EN BARRO
GADISA Retail sigue ampliando su red de establecimientos franquiciados en la...