UN NOVO CLAUDIO EXPRESS EN SADA
Claudio Express
08/07/2026
Seguimos sumando puntos de venda franquiados na Coruña e a súa área de influencia coa incorporación dun novo Claudio Express no complexo que Carbugal ten no quilómetro 5,35 da Estrada Provincial 5813, que enlaza o termo municipal de Sada con Oleiros. As instalacións atópanse na poboación sadense de O Tarabelo e contan con servizos de gasolineira, butano, café, boxes de lavado e aspirado, así como ponte de lavado.
Cunha sala de vendas de 60 m², o Claudio Express ofrece aos clientes unha variedade de 600 artigos de alimentación, droguería e hixiene. O amplo horario de apertura durante toda a semana permite facer unha compra cómoda e rápida.
Potenciando a creación de emprego
A posta en funcionamento do complexo supón a creación de 9 postos de traballo. Este é un dos principais valores do crecemento desta liña de negocio, que favorece a xeración de emprego nas diferentes contornas nas que está implantada, fundamentalmente en pequenos e medianos núcleos de poboación.
GADISA segue crecendo na provincia da Coruña
O Claudio Express de Sada é a décimo terceira franquía que GADISA Retail abrimos no que vai de ano, cun notable crecemento na provincia da Coruña, onde sumamos seis puntos de venda desta liña de negocio. Os outros sete repártense nas provincias de Pontevedra (3), León (2), Valladolid (1) e Palencia (1).
Na actualidade, contamos con 262 establecementos franquiados, dos que 114 son Claudio e 148 Claudio Express.
Noticias destacadas
Claudio
15/10/2026
UN NUEVO CLAUDIO EXPRESS DE GADISA EN BARRO
GADISA Retail sigue ampliando su red de establecimientos franquiciados en la...
Claudio
28/08/2026
Colección Vita by Lätt Home en Claudio: Todo lo...
Lanzamos una nueva promoción, Vita, de Lätt Home. Una colección hecha para durar...
Claudio
12/08/2026
ABRIMOS UN CLAUDIO EXPRESS EN EL POLÍGONO...
Reforzamos nuestra presencia en la provincia de Pontevedra con la puesta en...
Claudio
28/07/2026
SUMAMOS UN CLAUDIO EXPRESS EN ORTIGUEIRA
Seguimos sumando puntos de venta franquiciados en la provincia de A Coruña y...
Claudio
15/10/2026
UN NUEVO CLAUDIO EXPRESS DE GADISA EN BARRO
GADISA Retail sigue ampliando su red de establecimientos franquiciados en la...