INAUGURAMOS O NOSO 1º CLAUDIO EXPRESS EN ASTURIAS

Continuamos a nosa expansión fóra de Galicia coa apertura dun Claudio Express na localidade asturiana de Tapia de Casariego. Trátase do primeiro punto de venda nesta comunidade autónoma. A inauguración do establecemento supón a creación de 8 postos de traballo directos.

O modelo de negocio franquiado revalida o noso compromiso de prestar un servizo esencial nas zonas rurais e semiurbanas, principalmente, contribuíndo á dinamización socioeconómica e a fixar poboación a través da creación de emprego con preto de 900 postos de traballo directos.

Coa nova apertura, a 10ª desta liña de negocio en 2021, sumamos 203 establecementos franquiados; 121 operan baixo a marca Claudio e 82 son Claudio Express, situados en Asturias, Galicia e Castela e León. Ademais, temos previsto abrir outro punto de venda na comunidade asturiana próximamente.

O novo Claudio Express está situado nunha estación de servizo localizada na Avda. de Galicia nº 13, en Tapia de Casariego. Cunha sala de vendas de 75 m2 ofrece unha selección moi completa de produtos que satisface as necesidades básicas de alimentación e hixiene dos clientes.

A tenda abre os 365 días do ano, en horario de 7 a 23 horas. O complexo aglutina, ademais, os servizos de gasolineira, cafetería, boxes de lavado, butano, prensa e pon a disposición dos seus clientes un amplo parking.

Na inauguración participaron a propietaria do establecemento, Lucía Fernández-Catuxo, acompañada do seu equipo e, por parte de GADISA,  Miguel Freire, director de vendas línea de maior,  o coordinador de franquía, José Antonio Hermida, e o equipo de montaxes: Sergio Trujillo, Ricardo Pérez e Raúl Vázquez.

Sumamos  224  Supermercados Gadis, 203 Claudio e Claudio Express franquiciados  e 12 Cash&Ifa, situados en Galicia, Castela e León e Asturias.


Compartir en redes