ABRIMOS O CLAUDIO Nº 201 EN SAN PEDRO DE NÓS

Inauguramos o 8º establecemento franquiado Claudio no que vai de ano. É o número 201 e está situado na estrada LC 221, km. 6, ao seu paso pola localidade de San Pedro de Nós (Oleiros).

O punto de venda abre o 365 días do ano, en horario de 6 da mañá a 12 da noite. O complexo no que está integrado conta con gasolineira, cafetería, boxes, túnel de lavado, servizo de butano e unha ampla zona de aparcamento. A súa apertura supón a creación de 4 postos de traballo.

O novo Claudio Express dispón dunha superficie de sala de vendas de 60 metros cadrados, na que se ofrece unha variedade de produtos que permite satisfacer as necesidades básicas de alimentación, limpeza e hixiene, tendo en conta o tipo de clientes das tendas de conveniencia.

Na inauguración participaron Juan Veira, xefe rexional da rede de estacións de servizo e abandeiramentos do Grupo Disa, xunto ao encargado do establecemento, Jesús Soriano, e unha representación de traballadores do complexo. Por parte de GADISA, Miguel Freire, director de vendas liña de maior; o coordinador de franquía, José Antonio Hermida, e o supervisor Sergio Abeledo.

Continuamos coa nosa aposta de prover de produtos e servizos esenciais a pequenos e medianos núcleos de poboación a través da rede de establecementos franquiados Claudio. Dos 201 puntos de venda desta liña de negocio, 120 operan baixo a insignia Claudio e 81 son Claudio Express. Estes últimos sitúanse maioritariamente en estacións de servizo. Son tendas de conveniencia, funcionais e que aglutinan nun mesmo espazo unha coidada selección de produtos básicos. O horario de atención é moi amplo e abren ao público de luns a domingo.

A dinamización socioeconómica de contornas menos urbanas é unha das principais características deste modelo de negocio, que contribúe a fixar poboación a través da creación de emprego: preto de 900 postos de traballo directos.

Cada vez son máis os emprendedores que deciden incorporarse á nosa compañía a través das franquías Claudio. Algunhas das claves son: o asesoramento técnico e comercial dos nosos profesionais, a garantía de operar baixo unha marca de recoñecido prestixio e a capacidade loxística para satisfacer o abastecemento dunha ampla variedade de produtos con rapidez e eficacia.


Compartir en redes